Mov3 | Quen somos
15342
page,page-id-15342,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
 

como nace mov3

MOV3. Galicia Viste Consciente nace coa idea de por en valor as alternativas téxtiles existentes ou en nacemento en Galicia e dar resposta á crecente demanda da sociedade galega de facer un consumo responsable de roupa, stuff que fortalecese e apoiase o medio ambiente, stuff os criterios sociais, a produción local, a trazabilidade do produto e a máis dunha vida do mesmo. Xorde en 2011, da man de Amarante Setem, co desexo de fomentar o debate sobre consumo consciente de roupa, de sensibilizar a población sobre a problemática textil no noso contexto e no mundo, de unir as iniciativas de moda sostibles ubicuadas en Galicia e de divulgalas a traves de unha plataforma 2.0.

Roupa ética0%
Sostibilidade0%
Sensibilización0%
Produción ética0%

manifesto

Somos un colectivo galego vinculado ao téxtil que engloba tendas, marcas e deseñadorxs que comparten ideas e proxectos achegando cada quen o mellor de seu. Pensamos que outros xeitos de traballar son posibles. Optamos por un modelo de deseño con identidade propia que defende tanto o valor artístico das pezas como a súa calidade e durabilidade. En MOV3 camiñamos cara a eco sostibilidade, o uso responsable dos recursos naturais e a produción local, comprometéndonos co consumo consciente e o respecto e trato digno ás persoas.

Vestir consciente en Galicia

En MOV3 camiñamos cara a eco sostibilidade, o uso responsable dos recursos naturais e a produción local, comprometéndonos co consumo consciente e o respecto e trato digno ás persoas.

96%

Eco- Sostibilidade

Dende MOV3 queremos atender as necesidades actuais sen comprometer a capacidade das xeracións futuras de satisfacer as súas, garantindo o equilibrio entre o crecemento económico, coidado do medio ambiente e benestar social dentro do noso campo de actuación e as nosas pequenas accións que esperamos xeren un cambio positivo na nosa contorna e na vosa. Comezando con materiais ecolóxicos e rematando polo envío das nosas propostas, buscamos reducir os impactos ambientais que se poden producir en cada unha das fases do ciclo de vida do produto sen menoscabo da súa calidade a aplicacións.

87%

Enerxía

En MOV3 queremos tender a modelos organizativos e produtivos que precisan menos enerxía, coa mesma ou maior calidade de vida, con menos contaminación, a un prezo inferior ao actual, alongando a vida dos recursos e con menos conflito. Menos recursos, menos lixo, menos polución.

77%

Auga

Concienciados co consumo e contaminación transversal da auga pola industria téxtil poñemos o ollo en buscar provedores concienciados que avalían os consumos directos e indirectos de auga dun produto, así como o seu impacto sobre a calidade da auga. Buscamos fibras e métodos de produción eficientes e procuramos que os nosos propios procesos sexan conscientes e axuden a poñer a atención na necesidade de control da pegada hídrica relativa ao mundo téxtil.

94%

Produción Ética

O sistema económico actual baséase nas desigualdades, e a moda non é allea a el. Gran parte da roupa que se comercializa no mundo é fabricada en países nos que a man de obra resulta máis barata. Desde MOV3 queremos apoiar relacións máis equitativas á hora de fabricar a roupa, mediante as cales os produtores, se atopen no país que se atopen, reciban a compensación xusta polo seu traballo. Queremos apostar por un modelo local beneficioso non só a nivel medioambiental senón tamén a nivel social e económico a través da mellora das relación sociais locais.

Un proxecto de:

logo Amarante web

Web financiada pola:

logo xunta web