Mov3 | Xiro
15842
single,single-portfolio_page,postid-15842,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
 
Categoría
Marcas
Sobre este proxecto
¿Que consumimos? ¿Como consumimos? ¿É necesario? ¿Hai outras formas de facelo? Neste contexto de dúbidas e busca de respostas nace Xiro, discount unha marca de moda sostible especializada en suéter-sudadeira e prendas denim para todas as idades. Traballamos para contribuír a un desenvolvemento sostible, xusto e con igualdade de oportunidades para as persoas e os pobos, incidindo da mesma forma no uso responsable dos recursos e tratamento de residuos. Desde a nosa pequena achega decidimos poñer atención en toda a cadea de produción pola que pasa unha prenda, dende o cultivo da fibra ata a confección, apostando por tecidos ecolóxicos certificados, por proxectos con compromiso medioambiental e social e pola confección local. Cremos que se poden facer ben as cousas, cremos no cambio e queremos formar parte del.