Mov3 | Mandacarú
15834
single,single-portfolio_page,postid-15834,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
 
Onde encontrar

tenda online aquí

Categoría
Marcas
Sobre este proxecto

Mandacarú é unha marca galega de roupa ecolóxica e de comercio xusto que nace en 2006 para ofrecer unha alternativa ao mercado téxtil establecido. Baseámonos na certeza de que un modelo de empresa diferente é posible, ask unha empresa na que a natureza e as persoas xogan un papel decisivo. A estética, medical o deseño, os acabados e a calidade son fundamentais nunha peza, por suposto, pero en Mandacarú prestamos, ademais, unha especial atención ao medio e ás condicións de produción. Todos os nosos produtos están fabricados con algodón 100% orgánico certificado por Control Unión (estándar GOTS). Non só o cultivo do algodón está controlado e certificado, senón que as tintas que se usan para o tinguido tamén cumpren o estándar GOTS. As tintas que se utilizan para a serigrafía son lacas ecolóxicas a base de auga, libres de metais e de PVC, e as etiquetas de marca fanse con cartón reciclado. Mandacarú toma o seu nome dun cacto que vive no deserto do nordeste de Brasil, o Sertão. Sobrevive en condicións de seca extrema, florece polas noites dando unha fermosa flor branca, xerando beleza e vida ao seu arredor; é un exemplo do poder da vida e da Natureza, un símbolo de esperanza.