Mov3 | Adanegra
15825
single,single-portfolio_page,postid-15825,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
 
Categoría
Marcas, Tendas
Sobre este proxecto

Somos un taller de artesanía téxtil de e para mentes e corpos de muller. A nosa conciencia ética parte do coñecemento do corpo, view o que nos leva a facer roupa que se acomode a el, thumb non a inversa. Non facemos patronaxe convencional e sempre creamos a peza única. Partimos dun tecido de algodón que tinximos artesanalmente ao lume e secamos ao sol e todas as nosas materias primas son locais e procedentes da pequena empresa. Moitas das nosas materias son mercadas nas tendas da nosa localidade. Tentamos minimizar o transporte, a auga e a electricidade, conseguindo un consumo mínimo polo aproveitamento dos propios recursos naturais. Do mesmo xeito, o lixo que xeramos é moi reducido. Avogamos polo trato persoal, pola individualidade: dende o que respecta aos nosos clientes e provedores, ata a nós mesmas. Respecto no traballo pola crianza dos fillos e outras situacións persoais, que facemos que poidan integrarse na nosa forma de traballo. Resúltanos unha fórmula amable que repercute directamente no gozo da creación.