Mov3 | Proxecto colectivo dentro de MOV3: Comando Mochila
15668
single,single-post,postid-15668,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
 
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

17 Nov Proxecto colectivo dentro de MOV3: Comando Mochila

En xaneiro do 2014 nos reunimos en Pontevedra a deseñadoras e deseñadores, seek marcas de roupa, tendas de
segunda mán e reutilización, tendas de roupa ecolóxicas e estudantes de moda para presentar Mov3: galicia viste consciente. Fixemos alí unha formación en 4 xornadas formativas sobre certificados
ecolóxicos, coñececemento mutuo, trazabilidade e imaxe dos produtos e a práctica colectiva de eses coñecementos a través de traballos colaborativos para súa presentación pública.

Unos de esos traballos foi a mochila “Recórcholis!”, creada de acordo a criterios de sostibilidade. Confeccionouse en Galicia de maneira local, enmarcada nun sistema de produción ética onde consideramos que cada fase do proceso de creación ten a mesma importancia e cada persoa que participa na súa confección debe ser tratada en igualdade.

Decidimos crear unha peza práctica e que tivese vinculación coa natureza e o deporte, que tanto nos gusta. Por iso pensamos en crear esta mochila, estampada con motivos relacionados co monte galego.
Cremos que hai un baleiro neste eido dos complementos ecolóxicos e coa mochila Recórcholis! pretendemos cubrir esta necesidade sen comprometer os bens futuros nin o medio ambiente. Por esta razón, utilizamos algodón ecolóxico 100% procedente de Vidarbha, unha rexión de India Central, onde se están creando bancos de sementes comunitarios que faciliten o acceso dos/as agricultores/as da rexión ás sementes ecolóxicas, dentro dun proxecto promovido por Vandana Shiva, activista, pacifista, filósofa e física teórica.

Os complementos foron elaborados con cortiza, material natural procedente da sobreira que foron adquiridos no país veciño, Portugal, e cuxa produción é respectuosa co entorno xa que non require a tala de árbores, contribúe á conservación do bosque ao realizarse cada colleita cada dez anos aproximadamente e esta conservación axuda a reducir os incendios forestais polas propias características da árbore.

O resultado do noso traballo non é só unha mochila bonita (moito!), senón que en equipo comprobamos que é posible desenvolver procesos onde a aprendizaxe, a creatividade e a responsabilidade mutua son o fío central do traballo no sector téxtil. O lanzamento desta peza piloto deixa aberta a posibilidade de reproducila e comercializala como un produto máis dentro das opcións de moda ética e sostible que ofrecemos as iniciativas de MOV3-Galicia viste consciente.

Este proxecto colectivo foi realizado por: Lechanelas, Capra pyrenaica, O Roupeiro do Tatán, Cestola na Cachola, Erizo Violeta e Racataplan, coa colaboración de Portal 48 na cesión de tintas ecolóxicas.