Mov3 | Proxecto colectivo dentro de MOV3: Comando Chaqueta & Camisa
15674
single,single-post,postid-15674,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
 
Chaquetas

17 Nov Proxecto colectivo dentro de MOV3: Comando Chaqueta & Camisa

En xaneiro do 2014 nos reunimos en Pontevedra a deseñadoras e deseñadores, sick marcas de roupa, viagra sale tendas de
segunda mán e reutilización, tendas de roupa ecolóxicas e estudantes de moda para presentar Mov3: galicia viste consciente. Fixemos alí unha formación en 4 xornadas formativas sobre certificados
ecolóxicos, coñececemento mutuo, trazabilidade e imaxe dos produtos e a práctica colectiva de eses coñecementos a través de traballos colaborativos para súa presentación pública.

Unos de esos traballos foi realizado por Iván R. e Marujita Alegre: a confeccion de unha chaqueta que garda una semente. Unha semente como símbolo de perdurabilidade, como símbolo do crecemento sostible e como símbolo de cuidado do medio ambiente.

Unha chaqueta na que empregamos algodón 100% orgánico, que se estampou con tintas ecolóxicas e que se ornamentou con fornituras de mobles antigos. Unha prenda que se realizou en Galicia, completamente a man e de forma artesanal na que os excedentes de tecido convirtense no packaging.

O algodón que empregamos provén da rexión de Virdabha, unha das rexións algodoneiras máis importantes da India. Grazas á fundación Navdanya presidida por Vandana Shiva, a compra deste tecido (elaborado na teceduría Assisi Garments, comprometida con colectivos en risco de exclusión social) axuda ás familias de Virdabha ao cambio de cultivo de algodón transxénico, por algodón ecolóxico, axudando ao mesmo tempo á creación de bancos de sementes ademais de proporcionar apoio para a súa comercialización no mercado a un precio máis xusto.

A camisa está confeccionada con “Seda de la Paz” ou “Peace Silk” de fabricación totalmente artesanal, agárdase a que os vermes se transformen en polillas e abandonen o capullo para poder fiar as fibras, salvándose así dunha morte segura que non solo afecta aos propios vermes se non que dana aos artesáns provocándolles graves queimaduras nas súas mans para poder separar a larva do capullo. Este tecido sumamente delicado e de gran calidade está intervenido a man con tintas 100% ecolóxicas convirtindo cada peza en algo único e exclusivo.