Mov3 | Nós na prensa de Voluntariado Galego.org!
15683
single,single-post,postid-15683,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
 
Mov3 Medios 10

17 Nov Nós na prensa de Voluntariado Galego.org!

Salimos en Voluntariado Galego.org!

AMARANTE organiza un encontro con iniciativas relacionadas co téxtil, stuff deseñadoras/es, tendas de segunda man e estudantes de moda para a creación da Plataforma galega de moda sostible: MOV3

AMARANTE SETEM organiza este sábado 11 de xaneiro o primeiro encontro con iniciativas relacionadas co téxtil ecolóxico, novas deseñadoras e deseñadores, estudantes do último curso das escolas de moda galegas, tendas de segunda man e tendas de roupa ecolóxica para impulsar a creación dunha Plataforma galega de moda sostible. Este primeiro encontro realizarase no Pazo da Cultura de Pontevedra de 10:00 a 14:00 horas.

Esta iniciativa, que levará por nome “MOV3. Galicia viste consciente”, ten como obxectivo impulsar a construción de alternativas de roupa e a creación dunha plataforma en internet, onde todas as persoas consumidoras interesadas no consumo responsable de roupa teñan acceso de primeira man sobre todas as ofertas que existen en Galicia.
Nesta plataforma quérese visibilizar e promover outro xeito de producir e consumir roupa en Galicia, e promover o consumo responsable de roupa a través da segunda man ou a través de iniciativas, marcas e deseñadores e deseñadoras que aposten por roupa feita con criterios sociais e de sostibilidade, con tecidos ecolóxicos, e/ou de comercio xusto e producida en Galicia, reducindo o impacto ambiental e favorecendo o desenvolvemento local e a creatividade.
Neste primeiro encontro, ó que están confirmadas un total de 25 persoas entre marcas, deseñadoras/es, estudantes e tendas de roupa de segunda man e/ou reciclaxe, sentaranse as bases da plataforma e o traballo que se realizará ata a súa presentación oficial en maio.
Contamos coa colaboración da deseñadora María Almazán, para realizar unha intensa formación, no que traballaremos sobre a necesidade dun sector téxtil acorde cuns estándares de sostibilidade e dignidade laboral. Nesta fase formativa realizarase un traballo de creación propia, que consistirá no deseño dunha peza de roupa orixinal baseado nos criterios de ecoloxía e /ou Comercio Xusto, con telas que lles serán proporcionadas por Amarante, e producida polos talleres galegos que se porán á súa disposición.
Todo este traballo en rede será finalmente plasmado na plataforma web “MOV3. Galicia viste consciente”, na que colabora o ilustrador Iván R, que visibilizará, a través de vídeos e pezas audiovisuais, a trazabilidade das pezas creadas, xunto coa posta en valor das tendas de recuperación de roupa e segunda man, e onde todas terán un espazo permanente e dinámico de difusión e comunicación dos seus proxectos.

Este proxecto conta co apoio financeiro da Xunta de Galicia e a D.X. de Cooperación Exterior.

[ASOCIACION GALEGA AMARANTE SETEM PARA O ECODESENVOLVEMENTO]

 

http://www.voluntariadogalego.org/web/index.php?mod=not&ide=2168