Mov3 | Documental Fíos Fora
15680
single,single-post,postid-15680,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
 
11223979_173194806360272_6160997459434824320_o

17 Nov Documental Fíos Fora

QUEN SOMOS

AMARANTE SETEM é unha asociación galega que traballa principalmente no eido da educación, pills o consumo responsable e a economía social. Traballamos para construír alternativas ós abusos das grandes corporacións e inoperancia institucional e gobernamental para que se respecten os dereitos humanos. Traballamos dende o local pero sabendo que a raíz do problema é global e común a todos os pobos do mundo. Formamos parte de Roupa Limpa (CleanClothesCampaing). Unha coalición de ONGs, decease sindicatos, organización de consumidoras, de dereitos humanos,… presente en 16 países europeos que traballa en rede con 200 organizacións e sindicatos dos países produtores do sector téxtil para garantir que se respecten os dereitos fundamentais das traballadoras. Denunciamos, presionamos e procuramos alternativas para que isto suceda co apoio de miles de persoas anónimas, activistas e persoas socias. Este documental forma parte deste traballo.

ILLA BUFARDA, é unha produtora creativa integrada por dúas profesionais do sector audiovisual, Sabela Iglesias e Adriana P.Villanueva. Dende o ano 2012 traballamos como proxecto cultural sensible e comprometido coa promoción e a divulgación da cultura dende un eido ben definido: a linguaxe audiovisual. Cremos no noso medio como vehículo de mensaxes, historias e como camiño para comunicar nun mundo sobre pasado polo ruído. Este documental está financiado a través da convocatoria de cooperación da Xunta de Galicia.

SIPNOSE
“Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.”

POR QUE ESTE DOCUMENTAL
Galicia foi, e é, un referente en moda e confección. Sobre todo co éxito da multinacional INDITEX, como referente no xeito de facer “pronto moda” ou “fast fashion”, que tantos beneficios obtén. Pero este sistema de produción téxtil está baseado en obra de man intensiva e temporal. A maioría son mulleres, novas, do rural e con cargas familiares. Os salarios son extremadamente baixos, e discriminatorios, con horas extras sen remuneración e sen previo aviso. Non hai dereitos sindicais. Nin contratos. Cando as traballadoras demandan melloras nas súas condicións laborais, aparecen as ameazas, o acoso, a presión, e a ameaza da deslocalización. E imponse o silencio e o medo a perda de traballo. Ata que a deslocalización ou o peche faise realidade e quedan sen nada.

Este é o común denominador de todo un sector que vai trasladando este modelo de país en país, cara os máis empobrecidos e con menos proteccións laborais a medida que aumenta noutros países. Miles de mulleres que traballaron e traballan en precario dende os anos 60 en Galicia. Pouco se ten falado delas e moito do éxito da moda galega. Coa deslocalización, gobernos e institucións adicáronse a apoiar este fenómeno empresarial, sen esixir nin garantir ós dereitos básicos das persoas como o respecto ós dereitos humanos e as condicións laborais e salariais dignas, nin antes en Galicia nin agora en terceiros países.

A importancia da nosa imaxe, a moda, a influencia da publicidade e os prezos tan baixos da roupa polo triunfo deste modelo de produción -fastfashion- fan que a cidadanía non sexa consciente de cómo se produce e como repercute na vida das persoas traballadoras. Mostrar este fío condutor da cadea global da confección dende Galicia, dende que naceu o sector ata o que están vivindo outras mulleres noutras partes do mundo, a explicación das distintas institucións e a procura de alternativas a esta situación a través da denuncia ou doutro xeito de producir e consumir é o que nos leva a facer este documental dende esta perspectiva.

CARACTERISTICAS TÉCNICAS
? Duración do documental: 1h30 minutos
? CreativeCommons

QUEN PARTICIPOU
? Traballadoras galegas de distintos lugares e idades que traballaron no sector da confección
? Institucións galegas vencelladas ó sector, talleres, marcas, etc.
? Traballadores/as de Marrocos

ALGUNS DESTE SECTOR
Trátase dun sector eminentemente feminino, co 91% de traballadoras aproximadamente.
Ata o 2001 o sector do téxtil contaba cunhas 17.000 persoas traballadoras
Nos anos 2000 desaparecen aproximadamente o 90% dos 600 talleres que traballaban para Inditex.
Son destacables os puntos en común entre a produción téxtil en Galicia e as zonas periféricas dos países onde se deslocalizou a produción:
1. contratación de mulleres do rural.
2. a escasa tradición industrial no sector.
3. proletarización de mulleres que nunca foran asalariadas.
4. implantación dunhas condicións laborais moi precarias xustificadas baixo o paraugas de ser un traballo-axuda á economía familiar e non un emprego capaz de impulsar a independencia das mulleres contratadas.
5. Moitas traballadoras comezaron no sector do téxtil con 12 anos e outras con 14 ou 16.
6. unha xornada laboral de 8h con horas extras, que normalmente eran 4h. Pero cara os 90, co declive do sector, a xornada laboral podía chegar a 9h-10h obrigatorias e horas extras.
7. Sen contrato, os horas extras non remuneradas ou se compensaban con días libres.
8. Traballo estacional, medo a perder o posto de traballo e submisión.
9. Ameaza da descolalización.
10. Dobre traballo na fábrica e na casa.

SALARIOS EN GALICIA
Os salarios, en pesetas na época, estaban entre 700 e 400€, dependendo da época, pois nos anos 70 os salarios eran máis elevados debido ao auxe do sector e de cara os 90 foron baixando debido á deslocalización que levaría ao posterior peche masivo de talleres.
Actualmente, o salario medio en Galicia no sector do téxtil é de 809€.

Podedes consultar toda a información sobre o documental, as persoas protagonistas, material audiovisual e cartelería en:

www.fiosfora.gal
www.facebook.com/fiosfora