Mov3 | Nasce Mov3!
1
single,single-post,postid-1,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
 
Primeiras xornadas de MOV3, a plataforma galega de moda sostible.

03 Nov Nasce Mov3!

Ola! somos Amarante Setem, illness unha ONG que leva moitos anos adicada a visibilizar ás condicións laborais
e de vida das traballadoras da confección a nivel global.!

AMARANTE presentou un proxecto à Xunta de Galicia, onde buscabamos ofrecer alternativas para un consumo responsable de roupa à cidadania galega. O noso obxectivo era por en valor ás alternativas téxtiles existentes (ou en nacemento) en Galicia e dar resposta á crecente demanda da sociedade galega de facer un consumo responsable de roupa, que tivera baixos seus criterios o medioambiente, os criterios sociais, a produción local, a trazabilidade do produto e máis dunha vida do mesmo.

Para iso propuxemos dúas liñas de traballo:

1- Crear un espazo web onde a poboación galega poidese coñecer e mercar roupa con criterios respectuosos co medio e coas persoas.
2- Ser un punto de encontro entre todas as iniciativas para fortalecer este sector, crear sinerxias, intercooperación, promoción e suma de iniciativas.

En xaneiro do 2014 reunimos en Pontevedra a deseñadoras e deseñadores, marcas de roupa, tendas de segunda mán e reutilización, tendas de roupa ecolóxicas e estudantes de moda para presentar Mov3 – Galicia viste consciente.

Coordinamos unha formación impartida Maria Almazán en 4 xornadas formativas sobre certificados ecolóxicos, coñececemento mutuo, trazabilidade e imaxe dos produtos e a práctica colectiva de eses coñecementos a través de traballos colaborativos para súa presentación pública.

Acordamos ser unha iniciativa aberta e tamén acordamos un manifesto e uns criterios para todas as iniciativas que se quixeran incluir! Podedes ver na seción “Manifesto” aquí na nosa web.

Saúdos

 

Tags: